Bugallo pedirá ao Comisario de Política Rexional da UE que se dupliquen os Fondos Feder para atender as necesidades dos territorios de fronteira

O alcalde compostelán manterá mañá unha intensa axenda política en Bruxelas, como presidente da Rede de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionais, CECICN  A Comisión Executiva da Rede de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionais (CECICN, nas súas siglas en inglés), co seu presidente á cabeza, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, reuniranse mañá, 1 de decembro en Bruxelas, co Comisario de Política Rexional, Johannes Hahn. Na xuntanza, os dirixentes da CECICN exporán a súa postura sobre o reparto dos fondos europeos no periodo 2014-20 para os territorios de fronteira, onde se asenta cerca do 38% da poboación da UE. O Presidente da CECICN, e alcalde de Santiago, manterá a necesidade de incrementar os Fondos Feder ata duplicar os actuais 8.500 millóns de euros da anterior programación, para promover o desenvolvemento económico e favorecer a saída da crise, ademais de atender as necesidades das cidades e territorios de fronteira, convertendo o elemento fronteira nunha vantaxe competitiva e non nun hándicap.

En concreto, as redes que integran CECICN son:

•       Misión Operacional Transfronteiriza (MOT), que actúa en todas as fronteiras de Francia. (www.espaces-transfrontaliers.org/es/)

•       Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET), participada polo Eixo Atlántico, ten en toda a fronteira hispano-lusa o seu ámbito de actuación. (www.rietiberica.eu/riet)

•       Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA), con presenza en todo o Espazo Atlántico. (www.atlanticcities.eu)

•       Foro de Cidades do Adriático e Xónicas, con base en Roma, conta con representantes das principais cidades do Adriático e da Península de Ionnina. (www.faic1999.net)

•       Medcities, que abarca toda a conca mediterránea (www.medcities.org) .

•       Unión de Cidades Bálticas, con presenza nos principais países da rexión báltica. (www.ubc.net)

A entidade constituíuse, na práctica, como un gran lobby de cidades de territorios de fronteira

Deja un comentario