Festival Internacional de Narración Oral

Comezou a conta atrás para Atlántica, o Festival internacional de Narración Oral, que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 5 e o 16 de marzo. Trátase de máis de cincuenta eventos centrados na narración oral como forma literaria: espectáculos para nenos e adultos, obradoiros, seminarios, conferencias…O festival nace como un conxunto de moitas apreciacións. Por unha banda, cúmprense 25 anos do nacemento do pub Atlántico, que sería un espazo importantísimo para construír a narración oral moderna galega, aquela que saía das lareiras, pero también dos barrios urbanos vigueses, e que daría unha xeración tan importante como Kiko Cadaval, Cándido Pazó, Avelino González, Paula Carballeira…pero tamén por unha percepción. A directora, Sole Felloza, decatouse un día de que en case todos os festivais importantes de narración oral no Estado español ou en Latinoamérica nos que participaba sempre había un galego.

more information http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2013/02/13/comeza-a-conta-atras-para-o-festival-atlantica-a-festa-da-narracion-oral-en-compostela/

Leave a Reply